producto local

PRODUTO LOCAL (TRABALLO FINAL):
Necesidades do producto local
Necesidades dos consumidores:
1. Necesidades fisiolóxicas
No mundo comercial pensamos en satisfacer as necesidades básicas do cliente cando diseñamos produtos con pouco valor añadido . Un producto de marca branca podería satisfacer unha necesidade dun consumidor.
Cando o noso produto é algo que o cliente necesita para seguir adiante na vida, sen ánimos de chegar a nada, tan só sobrevivir, entón o noso produto satisface necesidades fisiolóxicas.
2. Necesidade de seguridade / estabilidade
Moitos clientes compran produtos a determinadas empresas porque queren satisfacer unha necesidade relacionada coa seguridade. É importante transmitir ao cliente seguridade na relación comercial.
3. Necesidade de pertenza
Son moitos os produtos / servicios que o cliente compra porque quere sentirse parte da xente que consume o producto.
Lograr que o cliente senta que pertence a unha “tribu” en concreto e ofrecerlle uns servizos especiáis / beneficios por ser da mesma. As empresas inventan toda una serie de estratexias para lograrlo , porque se demostra que o que é parte dunha “tribu” fala ben dela e quere que máis xente se una á tribu.
4. Necesidade de recoñecemento
Todos necesitamos algo de recoñecemento, e buscaremos no mercado todas as posibles solucións para logralo.Nese sentido, sale moi caro satisfacer mediante a compra de produtos todas as túas necesidades de recoñecemento
Comprar o último grito tecnolóxico,  ir a ese lugar de vacacións, a esa escola de negocios... son formas de apuntar a nosa necesidade de recoñecemento.
De ahí que as marcas fagan máis esforzos por ter fans
5. Necesidade de autorrealización
Representa a última necesidade do ser humano, a de ser a súa mellor versión, a de actualizarse, e nos nosos días satisfacémonos a través da compra de determinados produtos / servizos: Cando un quere ir a máis, cando quere mellorar, está buscando autorrealizarse.
As nosas decisións de compra están fortemente correlacionadas con unha ou varias necesidades do ser humano.

-APROXIMACIÓN-
Para poder crear a aproximación dun producto o ca estamos interesados en dar a coñecer ou exponer as demáis persoas que estén interesadas en coñecer  dito producto, para este proceso entran diferentes fases, unha delas é a aproximación,  a cal , consiste no feito de aproximar, acercar ou avecinar dito producto as capacidades de éxito ou de fracaso no momento da súa venda, tamén este concepto soe empregarse para nomear a obtención du resultado que, se non se corresponde exactamente co resultado esperado realizase una aproximación para que acabe convertindose nun resltado próximo a exactitude.
Por outro lado, para que este paso suceda ou se poida levar a cabo é necesario que se cumpran una serie de regras ou conceptos como son:

    ¿Cal é a solución a o problema?


    ¿De que maneira, distinta do habitual, se resolvería o problema?


    ¿De que maneira se ofrecería esa solución a os distintos usuarios?


    ¿Cómo conseguería unha proposta de solución sostible?

Normalmente este aspecto utilizase para o desenrrolo e lanzamento de productos que conecten cos usuarios e inclúan funcionalidades en certo modo innovadoras. Adicionalmente, os aspectos que foron ditos anteriormente teñen que superar as expectativas do usuario que cada vez son máis altas e de maior dificultade ao igual que poder competir coa competencia do sector das novas tecnoloxías.
Por último, como conclusión a este feito, cando se pretenda introducir un novo producto ao mercado é necesario ou conveniente facer un balance a cerca das posibilidades de beneficio que existen e os factores que a súa vez poden provocar o feito de que exista unha perda do capital adquirido nese produto.


BENEFICIOS DO PRODUCTO LOCAL

Un dos factores que inflúen de maneira notable neste tipo de consumo responsable é o da proximidade ou tamén chamado consumo local.
Beneficios ambientais do consumo local
O principal beneficio ambiental do consumo local é o aforro enerxético e a reducción de emisións de gases de efecto invernadoiro, xa que os medios que transportan os productos desde lugares afastados xeran máis emisións. Tamén, redúcense as embalaxes xa que un producto que non viaxa tanto non necesita tanta protección.
Beneficios socioeconómicos do consumo local
A trazabilidade do producto é moito máis sinxela cando se compra localmente que cando o producto ven desde outro lugar do mundo.
Consumir productos locais axuda á economía da zona.
O mercado tamén se vai beneficiando porque se crea oco para competidores máis pequenos, o que deriva nunha maior oferta e unha eventual baixada de prezos e maior accesibilidade para os usuarios e consumidores.
Resultado de imagen de BENEFICIOS DO PRODUCTO LOCAL

              
Resultado de imagen de BENEFICIOS DO PRODUCTO LOCAL

A COMPETENCIA DO PRODUCTO LOCAL NA COMARCA DE FERROLTERRA.

Ferrol é un municipio galego do noroeste de España, cabeceira da comarca do mesmo nome. É unha cidade principalmente marítima como así o amosan os seus asteleiros, praias e porto. A zona metropolitana de Ferrol, ademais da comarca de Ferrolterra agrupa tamén as comarcas do Eume e Ortegal.
En calquera localidade pódense degustar os mellores productos autóctonos, todo tipo de pescados e mariscos, como os percebes de Cedeira, o pulpo de Mugardos, as sardiñas lañadas e conservas de Cariño. Terra adentro tamén están os pementos do Couto, o pan de Neda, grelos de Monfero e Cerdido, a tenreira en A Capelada, o mel de San Sadurniño e Moeche, así como a torta de castañas feita polos pasteleiros de Ferrol.
Ao falar dos productos locais podemos distinguir dous tipos de competencia diferenciadas.
Con respecto ós productos de orixe marítima podemos dicir que se trata dun tipo de competencia perfecta, xa que as lonxas encárganse de marcar os prezos do mercado. Nelas os pescadores tasan e intercambian as súas mercancías cos maioristas que lles mercan o pescado e marisco para os seus negocios. Os restauradores, pescadores e outros compradores ven o prezo de saída e cando aparece un interesante, cómprano.
Neste tipo de competencia actúan unha grande cantidade de consumidores, marcas e ofertas e ningún deles é capaz de influir por si solo nos prezos do producto. A competencia está á orde do día e os bens ou productos son polo xeral iguais ou similares.
Por outro lado, cando falamos de productos con denominación de orixe ou con indicación xeográfica protexida como poden ser os pementos do Couto, o pan de Neda, os mexillóns e o queixo de Tetilla podemos dicir que o tipo de competencia é monopolística ( tipo de competencia imperfecta ) xa que os productos ofrecidos son productos diferentes dos do resto da competencia. Por iso as empresas ou productores poden ter certo poder no mercado e fixan os prezos.
Neste tipo de competencia hay grande número de oferentes, con productos que se diferencian pola súa calidade ou servizo. As empresas ou productores participan activamente no mercado.


O Gancho
O márketing local baséase en promocionar un produto enfocando todos os esforzos nunha área xeográfica en específico, co obxectivo de atraer consumidores nun segmento de mercado relativamente pequeno. Ao executar este tipo de márketing enfócanse maior cantidade de recursos a un sector determinado e sempre será onde a empresa logre ter o maior impacto nos consumidores.


BIBLIOGRAFÍA

www.empresarios-ferrolterra.org>cubiertaorig.traz- Asociación de Empresarios Ferrolterra


www.turismoferrolterra.es>gastronomíaferrolterra


https://alonxadealvaro.com>las-lonjas

























Comentarios